Cortes de Muar é o proxecto de dous irmáns, Rita e Germán, que formamos a segunda xeración dunha queixería familiar de Silleda (Comarca do Deza-Pontevedra).

No noso obrador elaboramos queixos de xeito artesanal, en producións limitadas, co leite de vacas que pastan libremente nos prados da zona. O mimo e esmero cos que traballamos, e o tempo que lle dedicamos a cada peza que sae das nosas mans, son seña de identidade da marca.

Ademais da receita tradicional da familia, coa que elaboramos as ricas e cremosas Mimosas, tamén nos aventuramos a incorporar outras técnicas de produción e afinado inspiradas en variedades internacionais, aportándolles sempre o noso personal “savoir faire”.

Achégate ás raíñas desta corte onde todo responde ao “M” do seu fermoso muar. Mmmm....
Mimosa
Queixo do país, suave e cremoso, feito de leite de vaca pasterizado. Premiado coa Medalla de Ouro no World Cheese Awards, 2014.
PEZAS DE 700 gr ou 3 Kg
Marigold
Inspirados polo noso pasado, cando se facía o queixo, a manteiga e a manteca nas granxas, creamos esta receta a medida Trátase dun queixo vello, feito con leite de vaca cru, madurado en pano con manteca de nata, produto tradicional na repostaría galega, durante 8 meses.
Este queixo, de notas vexetais, lixeiramente afroitadas, obtivo a Medalla de Prata no World Cheese Awards, 2013.
PEZAS DE 3.5 Kg OU CUÑAS DE 250 grs.
Marianne
Con aires de queixo de alta montaña, pero co tradicional afinado galego en herba seca, xorde este queixo que rende sinceiro homenaxe á alimentación natural das vacas que dan o leite co que se elabora.
Este queixo feito con leite cru, achega aromas florais na códia, froito de madurar envolto en herba seca durante 3 meses, e a toffee suave e noz no seu interior.
Unha delicia de intensidade media, para comer só ou incorporar ás receitas máis cremosas.
PEZAS DE 2.5 Kg
Mandy
Deliciosa crema de queixo do país fundido. Ideal para a elaboración de salsas e untar en tostas.
TARRINAS DE 1 Kg
e moito máis...
Temos outras especialidades, facemos edicións limitadas e tamén mesas de queixos para eventos. Consúltanos!


con leite de vacas en pastoreo


feito a man

produccións limitadas
Atópanos en tendas gourmet e delicatessen, ou contáctanos directamente para os pedidos:

t. 609.80.90.06
@ artesanos@cortesdemuar.com

Séguenos en

Tenda online